OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE ESTUDO

Despois da boa acollida do ano pasado, este ano tamén organizamos para os socios da ANPA BOLBORETA un taller sobre “Hábitos e Técnicas de  Estudo”, impartido por Patricia Fuentes (Psicóloga social, con ampla experiencia en realizar talleres en centros educativos).

Esta actividade, que vai dirixida sobre todo o alumnado de quinto e sexto de primaria, desenvolverase en cinco sesións, os martes 16,23 e 30 de outubro e os mércores 17 e 24 de outubro, na aula multiusos do colexio de 17:15 a 19:15 h.

O número máximo de alumnos por taller será de 15. No caso de haber máis interesados, faranse dous grupos e os talleres poderán completarse con alumnado de cuarto de primaria.

Para solicitar praza, cubrir a solicitude mediante formulario de Google Drive, que vos deixamos na ligazón de abaixo:

Inscripción TÉCNICAS DE ESTUDO

Esperamos a vosa participación!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *