OBRADOIRO DE MAXIA

Dende a ANPA organizamos para os seus socios, unha actividade de maxía ofrecida polo Mago Deimi na aula multiusos do CEIP de Cabanas o xoves 9 de maio ás 18:00h.

“O mago Deimi, Damián Varela, e natural de Ribadavia (Ourense) e tuvo afición pola maxia dende neno. Como mago, ofrécenos un espectáculo de maxia moi variada e divertida onde predomina o seu dinamismo cun estilo cómico e desenfadado. Tamén cabe destacar a variedade de xogos de maxia que pon en escena: cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, maxia bizarra, maxia con lume, transformacións… E todo acompañado de moi bo humor, música de fondo para marcar o ritmo da maxia e a participación activa do público”.

Primeiro, ofreceranos un espectáculo de maxia. En segundo lugar, realizarase un taller de maxia no que os asistentes aprenderán pequenos trucos cos que iniciarse no mundo da maxia. Non é necesario realizar inscrición. As prazas están suxeitas a aforo. Se tedes alguna dúbida podedes contactar con nos por whastapp da ANPA (+34 618 83 11 70).

Vos esperamos!

Taller de Magia 2019

Excrusión Illa de Ons

En ruta coa depo_1800x300

A ANPA BOLBORETA, organiza para os seus socios, unha excursión a ILLA DE ONS e a localidade mariñeira de PORTONOVO no programa “En Ruta coa Depo” o sábado 11 de maio.

O prezo será de 12 euros por persoa para os adultos e gratuíto para os/as alumnos/as.

O barco cara á Illa de Ons sae ás 11:00h dende o embarcadoiro de Portonovo, fixarase unha hora  previa á saída do barco para chegar con tempo. A comida será tipo picnic.

Os/as interesados/as deberán encher o formulario de inscrición, desde a seguinte ligazón:

INSCRICIÓN ILLA DE ONS 2019

Para os menores de idade débese enviar unha imaxe do DNI ao correo da ANPA.

Para os menores de idade que non vaian acompañados polos seus pais/nais/titores legais, deberase encher un xustificante de asistencia que tedes abaixo e envialo xunto cunha imaxe do DNI do menor, ao correo da ANPA.

Autorización menores 2019

O prazo para inscribirse finaliza o 1 de maio 2019.

O pago realizarase por transferencia ou ingreso na conta da ANPA: É 89 00496781 102116068771 entre o día 2 e o 4 de maio, indicando no concepto: ?nome completo do socio? e ?ONS19?.

Para máis información podedes contactar con nos por WhatsApp (618831170).

DÍA DO LIBRO

A ANPA BOLBORETA organiza, para celebrar o Día do Libro, un contacontos na aula multiusos do CEIP de Cabanas o martes 23 de abril ás 17:30 h.

Con MIGALLAS TEATRO desfrutaremos de contos de risa, trasnos e carapuchiñas, perfectos para os días de festa. A tradición oral da man da literatura infantil. Co ritmo das ondas no noso maxín, entraremos no mundo da fantasía e da imaxinación.

Contos que se contarán na sesión: Por favor papá achégame a lúa, Un agasallo diferente, Os tres porquiños, O pito da abeleira.

Pretendemos pasalo ben, achegar a lectura as nenas e os nenos, promover a expresións oral en lingua galega, dar a coñecer os contos tradicionais e o álbum ilustrado.

Non é necesario realizar inscrición. Prazas suxeitas a aforo.

Se tedes dúbidas podedes contactar con nos por correo electrónico ou por Whastapp(618831170) da ANPA.Cartel dia do Libro 2019.jpg

NOVIDADES NO TEXTIL

Como se falou nas últimas asembleas ordinarias que se celebraron na ANPA Bolboreta, o uniforme do colexio non tivo o exito que se esperaba cando se aprobou por unanimidade na asemblea do 27 de febreiro do 2015. Temos un gran excedente no local que este ano practicamente non se moveu nada. Por ese motivo, na última asemblea do 15 de marzo decidiuse por votación non seguir adiante co téxtil.

Por se alguén está interesado en mercar algunha peza que queda en stock no local, fixemos unha listaxe de existencias que volo achegamos na ligazón de abaixo, e que se venderá a metade de prezo.

Excedente Textil 27-03-2019

Podedes contactar connosco, os martes de 16:30 a 18:30 no local da ANPA que está en colexio de Cabanas, ben por correo electrónico: anpa.volvoreta@nontedurmas.org  ou no número de teléfono: 618 83 11 70.

DIA DO ARBORE

A ANPA BOLBORETA organiza para os seus socios un obradoiro de arqueoloxía o xoves 21 de marzo de 17:30 a 19:30 h, na Mámoa en Chan de Arquiña.

Nesta paraxe, xúntanse un importante patrimonio arqueolóxico (restos megalíticos) e o seu interese paisaxístico. Facemos esta actividade no medio dunha fraga, para conmemorar o dia da ‘Árbore’.

Esta actividade desenvolverase da seguinte maneira:

Obradoiro de rexistro: A través de distintas réplicas de petroglifos explicarase cómo se fan os gravados rupestres e como os arqueólogos os rexistran a través dos calcos. En grupos elaboraran cada un o seu propio calco para levalo de recordo.

Obradoiro de cerámica: Onde os participantes poderán realizar e decorar o seu propio cacharro prehistórico tal e como facían na época do dolmen e levarán o seu cacharro para casa.

O punto de encontro para realizar a actividade é a Mámoa do Rei. Se o tempo non permitise facer esta actividade ao aire libre, trasladariámola ao patio cuberto do cole.

Para a inscrición é necesario cubrir o formulario de GOOGLE DRIVE que atoparedes no Facebook, no Blog, ou no Whastapp(618831170) da ANPA. A data límite para formalizar a inscrición é o domingo 17 de marzo

Animadevos!!

Inscrición Dia do Arbore

OBRADOIRO DE MAXIA E CIENCIA

Dende a ANPA BOLBORETA, vos queremos convocar para o sábado 9 de marzo entre as 16:30 e as 18:30 h. na Casa Verde de Salcedo, para participar nunha actividade que constará de duas partes:

1º Espectáculo de maxia e ciencia.
2º Obradoiro de experimentos.
A finalidade é mostrar a ciencia dende un punto de vista lúdico e educativo abordando diferentes disciplinas científicas.
Dirixido ao alumnado de primaria. Para o obradoiro formaranse dous grupos (de 1º a 3º primaria e de4º a 6º primaria).
Vos adxuntamos a ligazón do FORMULARIO para a inscrición, xa que hai un límite de 30 prazas. A  data límite para inscribirse é o venres 8 de marzo.

Moitas grazas pola vosa atención,  e animarvos  a participar!!!

Formulario de inscrición

 

 

Charla “Habilidades para resolución de conflilctos”

Os conflitos son unha parte normal da vida dos adultos, pero tamén dos nenos. Os nenos teñen diferentes necesidades e desexos uns doutros ou quizá queiran o mesmo ao mesmo tempo, algo que pode desembocar en conflito.

Cando os nenos xestionan mal os conflitos pode ter un impacto negativo no seu desenvolvemento emocional e nas relacións cos outros, ademais a súa autoestima e mesmo a súa aprendizaxe tamén se pode ver afectados.

É necesario ensinar aos nenos as habilidades necesarias para resolver os conflitos. Para iso o ANPA BOLBORETA organizou unha charla onde se tratarán as habilidades para solucionar conflitos: definición, pasos e casos prácticos para solucionalos.
O vindeiro martes 19 de febreiro esperámosvos a tod@s as nais, pais, titores legais que esteis interesados nesta charla a partir das 17:30 no salón multiusos do CEIP Cabanas.
Haberá servizo de ludoteca, (mínimo 10 nen@s). Se queredes anotarvos escribir ao teléfono da ANPA 618831170 e se non polo correo electrónico: anpa.volvoreta@nontedurmas.org.

Vos esperamos!

3ª FEIRA DO LIBRO USADO

O vindeiro xóves 31 de xaneiro volve a Feira do libro usado. Vos esperamos a tod@s no CEIP Cabanas de 17:00 a 19:30.

•Nesta edición, para aumentar a participación do alumnado de maior idade e en colaboración co Cinania Libros  de Pontevedra, creamos un depósito de libros para ampliar a oferta dispoñible. Deste xeito, contaremos de partida cun banco de libros adaptado a todas as idades.

Os libros que non sexan escollidos por ningún neno/a serán doados á biblioteca do CEIP de CABANAS.

nota 3ª feria do libro usado

SILLEDA-EN RUTA COA DEPO

O sábado 17 de novembro, disfrutamos da visita á comarca do Deza. Tivemos un día soleado, propicio para pasear e gozar da excursión.

Saímos do cole de Cabanas ás 9:00 da mañá directos a Bandeira a coñecer a Fervenza da Toxa. O paseo ata a Fervenza foi agradable, coas cores do outono.

Despois do paseo de volta, collimos o autobús e leváronnos ao mosteiro de Carboeiro. Hai uns anos estaba bastante arruinado cos teitumes caídos e aspecto de abandono, con boa parte da súa estrutura invadida pola vexetación.
Afortunadamente, as tarefas de restauración, iniciadas a partir dos anos setenta do século XX, han reacondicionando o edificio ata o punto de recobrar boa parte da súa orixinal estampa, sendo un auténtico pracer visitalo na actualidade.

Despois de camiñar esperábanos a comida en Lalín. Recuperamos forzas co caldo galego e a tenreira asada tan terna que comemos e aproveitamos para coñecer o centro de Lalín e o seu famoso concello xa que O Centro de Interpretación do Castrodeza atópase no mesmo edificio. Unha visita que os nenos gozaron moito

Por último esperábanos a visita ao Pazo de Liñares. É unha edificación solariega de estilo barroco do século XVII que alberga o Museo Galego da Marioneta. O recinto expositivo conta cunha mostra permanente en continuo crecemento e cunha biblioteca especializada na temática das marionetas.
O inmoble está declarado como Ben de Interese Cultural (BIC). Como curiosidade, no seu interior atópase a pila na que foi bautizado Joaquín Loriga, un dos heroes da aviación nacido en Lalín. No exterior, os antigos edificios do alpendre e forno albergan actualmente o laboratorio arqueolóxico da Deputación de Pontevedra.

Só quédanos darvos as grazas a todos por particpar na excursión. Dar as grazas a nosa guía Montserrat Carro polo seu traballo en ensinarnos e ecplicarnos todo. A Eduardo o condutor do autobús e tamén a Ana de Castrodeza.
O próximo ano máis e mellor!