OBRADOIRO DE ARTE & MINDFULNESS

A ANPA BOLBORETA, organiza  o día 6 de novembro, un obradoiro de arte e mindfulness para os seus socios e alumnos de INFANTIL, impartido por Ainara Herrera (Licenciada en Bellas Artes, Técnico Profesional en Pedagogía Montessori, formación en Psicomotricidad e Lateralidad infantil, entre outras), que constará de dúas partes:

En primeiro lugar de 17:30 a 18:15 h, unha charla dirixida a pais/nais/titores previa ao taller que logo tendrán @s nen@s que se anoten:

“Que é o Mindfulness, que nos interesa traballar desde a Arte, e como se benefician os nenos de 3 a 6 anos para estimular a súa atención e concentración á vez que fomentamos a interacción de intelixencias múltiples e apoiamos o desenvolvendo integral físico, cognitivo, emocional e social”.

En segundo lugar de 18:30 a 19:15 h, taller para nen@s de 3 a 6 anos:

“A través do movemento, a música e o xogo crearemos un espazo vivencia! onde levar a nosa atención para favorecer a confianza, a concentración, a empatía e a xestión de emocións”.

Para inscribirse cubrir o formulario na seguinte ligazón: Inscripción ARTE & MINDFULNESS

O grupo para o taller será de 10 nen@s como máximo, que deberán levar roupa cómoda e calcetíns, xa que se traballará no chan e sen calzado. Levarase a cabo no comedor do centro. Para a charla dos pais e nais, haberá plazas ata completar aforo.

Para@os nen@s haberá un servizo de ludoteca mentras os pais e nais estean na charla (indica se precisas deste servizo ao encher o formulario).

Para máis información consultar podedes contactar con nos en Facebook ou WhatsApp (618831170).

EXCURSIÓN A SILLEDA En Ruta coa Depo.

Unha vez mais, nos espera a excursión En Ruta Coa Depo 2018. Este ano temos a oportunidade de visitar Silleda o 17 de novembro. Coñeceremos o Castro de Toiriz, o Mosteiro de San Lorenzo de Carboeiro, Fervenza da Toxa, escenarios da serie “O final do camiño”, e comeremos en algun restaurante da zona.

O prezo será de 12 euros por persoa para os adultos e gratuíto para os/as alumnos/as.

Haberá dous puntos de saída, un no CEIP de CABANAS e outro na estación de tren de Pontevedra.

Os interesados deberán encher o formulario de inscrición, desde a seguinte ligazóns

Inscripción Excursión Silleda

Para os menores de idade que non vaian acompañados polos seus pais/nais/titores legais, deberase encher un xustificante de asistencia que pódese descargar na seguinte ligazón: Autorizaciones Menores e envialo xunto cunha imaxe do DNI do menor, ao correo da ANPA.

O prazo para inscribirse finaliza o 03 de novembro 2018.

O mínimo de persoas é de 50 e o máximo de 54.

O pago realizarase por transferencia ou ingreso na conta da ANPA:

ES 89 00496781 102116068771 entre o día 03 e o 07 de novembro, indicando no concepto: “nome completo do alumno/a en RUTA COA DEPO 18”.

Para máis información consultar no, correo electrónico, Facebook ou WhatsApp (618831170).

OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE ESTUDO

Despois da boa acollida do ano pasado, este ano tamén organizamos para os socios da ANPA BOLBORETA un taller sobre “Hábitos e Técnicas de  Estudo”, impartido por Patricia Fuentes (Psicóloga social, con ampla experiencia en realizar talleres en centros educativos).

Esta actividade, que vai dirixida sobre todo o alumnado de quinto e sexto de primaria, desenvolverase en cinco sesións, os martes 16,23 e 30 de outubro e os mércores 17 e 24 de outubro, na aula multiusos do colexio de 17:15 a 19:15 h.

O número máximo de alumnos por taller será de 15. No caso de haber máis interesados, faranse dous grupos e os talleres poderán completarse con alumnado de cuarto de primaria.

Para solicitar praza, cubrir a solicitude mediante formulario de Google Drive, que vos deixamos na ligazón de abaixo:

Inscripción TÉCNICAS DE ESTUDO

Esperamos a vosa participación!!

CURSO 2019-2020

Benvidos ao novo curso escolar 2019- 2020.  Como todos os anos animámosvos a que renovedes vosos carnes de socio e aos novos que se animen a asociarse. Intentaremos que sexa outro ano cheo de actividades, obradoiros, saídas e festas e que entre todos vaiamos mellorando.

Este ano pedimos a vosa colaboración para que a xetión da ANPA sexa máis fluída. Para iso as inscripciones faranse telemáticamente e achegámosvos o enlace de google drive para que vos inscribades. Toda a información tédelo na pestana que pon SOCIOS na barra MENU.

Ficha de Inscripción de Google Drive: INSCRIPCIÓN CURSO 2019- 2020

Vos esperamos!!!

Fin de semana Camping Paisaxe II

A pesar el mal tiempo que hemos tenido este fin de semana, hemos intentando disfrutarlo a tope.

El viernes llegamos a los bungalows, y después de situarnos cenamos en el restaurante del camping. Los niños disfrutaron de la velada con los monitores, participando en juegos.

El sábado amaneció lloviendo, y no paró en todo el día pero lo aprovechamos visitando las baterias de la costa de O Grove por la mañana y con la visita del Aquarium y Museo del Salazón por la tarde. Para rematar después de cenar tuvimos sesión discoteca.

El domingo amanecimos sin lluvia y los valientes aprovecharon para bañarse en la piscina ya que quedó un dia bueno para disfrutar de las instalaciones y aprovechar las últimas horas del fin de semana

Damos las gracias a todos por participar y el año que viene esperemos que nos haga mejor tiempo.  Aquí os dejamos algunos momentos del fin de semana.

 

 

PONTECIENCIA 2018

Este ano, participamos na Feira da miniciencia “Ponteciencia 2018” na Escola de Enxenería forestal na categoría de Ciencia en familia. Presentamos duas investigacións, “Marea Negra” e “Electricidade no noso entorno” ca que conseguimos o accesit “Premio María Barbeito Creviño”. Foí unha experiencia moi postiva nas que os rapaces se defenderon ante o xurado con moita soltura. Moi orgullosos da súa actuación.

Aquí deixámosvos documento grafico dalgúns momentos da mañá, incluso a visita do alcalde á nosa caseta.

FESTA DO ENTROIDO 2018

O xóves 8 de febreiro celebramos na Casa Verde de Salcedo a nosa festa de Entroido. Os nen@s participaron en xogos musicais e tambén no obradoiro de máscaras. O mago Paco deleitounos coa sua maxia e foi moi divertido. Ao final da festa tivemos o desfile de disfraces, e despois de que o xurado fixera a entrega dos premios, rematamos a festa co discoteca. Abaixo tedes o documento gráfico! Graciñas a tod@s por participar.

FESTA DE NADAL 2017

Coa colaboración dos nosos veciños da Anpa San Martiño mais a Asociación Cultural Casa Verde de Salcedo, o xóves 21 de decembro, poidemos gozar da festa de Nadal 2017.
Contamos coa animación de Angie e Tere que nos fixeron bailar a tope. Tambén os divertidos talleres de globoflexia, marionetas, maquillaxe, pintacaras, tarros de sal, chapas e tatuaxes cos da “Illa dos Nenos”, estuveron a tope sen parar.  Visitounos Papa Noel para recoller as cartas dos nen@s e os maiores.
Merendamos cos productos que trouxestedes tod@s. De feito tivemos tanta comida que ao final da festa o que sobrou llo demos ao Comedor Solidario de San Francisco.
Os da Asociacion Cultura fixeron a recollida de xoguetes, alimentos, etc…co unha gran colaboracion de todos vos.

Daros as grazas pola vosa colaboracion e a tod@s os que viñestedes. Felices festas!!

 

SEMENTANDO LANDRAS

Despois dos incendios de fai unhas semanas, dende a Misión Biolóxica de Galicia propuxéronnos unha forma de axudar na recuperación dos nosos montes. Eles recolectaron unha boa cantidade de landras e ofrecéronolas para que preparásemos unhas plántulas en macetas e máis adiante podelas  plantar no monte.

Convocamos as familias a que trouxeran,  briks baleiros e limpos o día 28 de novembro, de 17:00h a 19:00h ao colexio, para reutilizalos como macetas, e participar na elaboración dos sementeiros. E abaixo tedes en imáxenes os resultados.

Se queredes consellos para sementar as landras os deixamos o seguinte enlace:

Consejos para la siembra de bellotas

Se queredes tambén vos deixamos información para saber que facer cos bosques despois dos incendios:

Qué hacer con los bosques tras los incendios

 

I FEIRA DO LIBRO USADO

Hoxe foi o I FEIRA do libro usado e queriamos compartir convosco, esta tarde tan agradable que gozamos na escola. Darvos as grazas a todos e en especial aos profesores do colexio e ao equipo directivo por que sen eles non habería sido posible.

Comunicarvos tamén que a gañadora do agasallo do sorteo foi:

Zaira Lameiro Vidal

E os gañadores das cometas que sorteamos foron:

Anxo Otero
Eloy Barreiro Loira
Lucas Pereira Lage
Iker Fernandez Pereiro
Xian lameiro Vidal

Aquí vos deixamos algunhas fotos.

Graciñas unha vez mais pola vosa colaboración!