
Estamos seguros que co seu talento e boa mestra terá sido de bo proveito para os nosos participantes.



Estamos seguros que co seu talento e boa mestra terá sido de bo proveito para os nosos participantes.


Un dos premios do V Certame de Relato Curto organizado pola FANPA que recibiron os autores e autoras dos cinco mellores relatos de cada categoría o pasado 30 de maio foi un obradoiro de creación literaria.

O obradoiro será impartido pola escritora Ledicia Costas:
Hora: de 17.00 h a 19.00 h
No obradoiro, entre outras cousas, Ledicia Costas dará unhas pautas de como mellorar o texto que cada un dos premiados presentou ao certame.
Os premiados con este obradoiro foron:
Actividade patrocinada pola Consellaría de Cultura
ADULTOS |
||||||
| Xosé Adrián Blanco Cortegoso | OLLADAS | Escola-Fogar Príncipe Felipe (Pontevedra) | ||||
| Lucía Blanco Sayáns | ESQUECEREI AQUELA NOITE? | CEIP A Lomba (Vilagarcía de Arousa) | ||||
| Anxo Blas González | NADA | CEIP Paraixal (Vigo) | ||||
| Sara Caride Blanco | A RUTINA TEN DOBRE FINAL | IES Ramón Cabanillas (Cambados) | ||||
| Elisabete de Carvalho Oliveira | ADEUS AMIGA
ADEUS AMOR |
IES Valle Inclán (Pontevedra) | ||||
| Beatriz Coira Ríos | DÚAS CARAS DA MESMA MOEDA | CEP Sabarís (Baiona) | ||||
| Giovana Cousiño Piñeiro | REMUÍÑO DE PALABRAS | CEIP Vilaverde-Mourente (Pontevedra) | ||||
| José M. Domínguez Ventín | SPOILER | CEIP Álvarez Limeses (Pontevedra) | ||||
| Raimundo Fernández Gómez | H | CEIP Praza de Barcelos (Pontevedra) | ||||
| Jose Manuel Fernandez Gonzalez | NUBOEIROS DE AVARICIA | IES Alexandre Bóveda (Vigo) | ||||
| María del Carmen Gómez Otero | ONDE QUEDAMOS? | CEIP Praza de Barcelos (Pontevedra) | ||||
| Eugenio González Benavides | É UN SEGREDO | IES do Castro (Vigo) | ||||
| Federico Limeres Arias | PENA DE BANQUIÑO | CEIP Álvarez Limeses (Pontevedra) | ||||
| Ana Isabel López Lahera | DE CANDO EN VEZ | IES Valle-Inclán (Pontevedra) | ||||
| Sergio Meis Casalderrey | VERBAS ESQUENCIDAS | CEIP de Ponte Sampaio (Pontevedra) | ||||
| Ramón Méndez Paz | DESAMOR | CEIP Canicouva – Pereiro (Vigo) | ||||
| José Manuel Panadero Fernández | A PRIMEIRA CARREIRA | CEIP Torre Illa (Illa de Arousa) | ||||
| Leire Pérez Añel | RESCALDOS | IES Ricardo Mella (Vigo) | ||||
| Manuel Pérez Lourido | CONTOS E MENTIRAS | CEIP Froebel (Pontevedra) | ||||
| José Manuel Rodríguez Gómez | NON TE ESQUEZAS DE MIN | CPI da Cañiza | ||||
| María Salinas García | LAZOS | CEP Dr. Fleming (Vigo) | ||||
| Fernando Tomé Rodríguez | EU AGARDANDO AO MEU AMIGO | IES Sánchez Cantón (Pontevedra) | ||||
| Manuel Tudela Díaz | A MONTAÑA | CEIP de Campañó (Pontevedra) | ||||
| Aránzazu Vaquero González | MARÍA SEN N(H)OME | CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) | ||||
| Elisa Vidal Carballa | UN TEMPO NOVO | CEIP da Espiñeira-Aldán (Cangas) | ||||
| Marcela Vilas Martínez | O PENDENTE PRECIOSO | EEI Concepción Crespo Rivas (Pontevedra) | ||||
BACHARELATO |
||||||
| Paula Estévez Casales | BÁRATRO | IES Castelao (Vigo) | ||||
| David Fernández Ferreiro | OS AMANTES | IES Castelao (Vigo) | ||||
| Inés García Figueira | CLAUSTROFOBIA | IES Miguel Ángel González Estévez (Carril) | ||||
| Helena Gómez Villanueva | NA ORIXE A… (ALLEGRO MOLTO VIVACE) | IES Sánchez Cantón (Pontevedra) | ||||
| Khadija Ibrahimi | A ESCALEIRA DE CARACOL | IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra) | ||||
| Yaël Lorenzo Osorio | Tóxicidade | IES da Cañiza | ||||
| Damián Pujales Souto | FUN EU | IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa) | ||||
| Enzo Ramírez Fuenmayor | NOVEMBRO | IES de Poio | ||||
| Sara Ríos Pérez | ENSINA OS DENTES | CIFP A Xunqueira (Pontevedra) | ||||
| Sonia Vidal Bujía | INVISIBLE/AGARDANDO/A DERRADEIRA ESPERA/O ÚLTIMO MOMENTO | CIFP A Xunqueira (Pontevedra) | ||||
PRIMARIA |
||||||
| Katia Alén Pérez | ASÍ É A MIÑA VIDA | CEIP Cruz-Budiño (O Porriño) | ||||
| Rebeca Álvarez Lorenzo | A GOMA E O LAPIS | CEIP Antonio Palacios (O Porriño) | ||||
| Noa Álvarez Rey | HISTORIA DUN NÁUFRAGO | CEIP Illas Cíes (Vigo) | ||||
| Eva Aval Iglesias | PECHAR A BOCA DOS LOBOS | CEIP San Roque de Darbo (Cangas) | ||||
| Sara Besada Cedeira | AIRE | CPI de Cova Terreña (Baiona) | ||||
| Martín Brianes Vila | O CARRUSEL MÁXICO | CEIP Rosalía de Castro (Vilagarcía de Arousa) | ||||
| Lucas Camiño Costoya | QUE FOI O QUE PASOU? | CEIP Santo Paio de Abaixo (Redondela) | ||||
| Valeria Caramés Pin | A MIÑA HEROÍNA | CEIP Nantes (Sanxenxo) | ||||
| Aroa Casás Paz | ELA | CEIP San Roque de Darbo (Cangas) | ||||
| Marta Cortegoso Pereira | LÚA CHEA | CEP Riomaior (Vilaboa) | ||||
| Cristina Ling Costa Diz | SOMOS IGUAIS
SOMOS DIFERENTES |
CEP Xesús Ferro Couselo (Valga) | ||||
| Nuria Costas Misa | UN GRAN CAMBIO | CEIP de Fontes-Baíña (Baiona) | ||||
| Eloy Domínguez Hermelo | ALEGRÍA DA BONECA RAQUEL | CEIP San Roque de Darbo (Cangas) | ||||
| Claudia Durán Baeza | A AMIGA DE MARCOS | CEIP Álvarez Limeses (Pontevedra) | ||||
| Lucía Estévez Suárez | O CEREBRO HUMANO | CEIP A Laxe (Marín) | ||||
| María Faro Couñago | OS OLLOS DA ESCURIDADE | CEIP Santo Paio de Abaixo (Redondela) | ||||
| Rocío Fernández Álvarez | SENTADOS NO SOFÁ | CEIP Cruz-Budiño (O Porriño) | ||||
| María Fernández García | A AVENTURA DE LÚA | CEIP Álvarez Limeses (Pontevedra) | ||||
| Anxo Fernández Lores | O MISTERIO DOS TRASNOS | CEIP Paraixal (Vigo) | ||||
| Blanca Fernández Portas | A VIDA | CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados) | ||||
| Anais Ferreira Quiroga | O SUBMARINO ENCOLLIDO | CEIP Paraixal (Vigo) | ||||
| Mauro García Sola | O PESADELO DO CAZADOR | CEIP Vilaverde (Pontevedra) | ||||
| Jorge Giráldez Zapatero | ATRAPADOS NA HISTORIA | CEIP Fontes-Baíña (Baiona) | ||||
| Alex Gomez Granja | UNHA GRAN AVENTURA | CEIP Antonio Palacios (O Porriño) | ||||
| Álvaro Wenceslao Gómez Moure | A ORIXE DAS CORES | CEIP Xesús Golmar (Lalín) | ||||
| Tania López Pequeño | A SUPERHEROÍNA | CEIP Seara (Moaña) | ||||
| Rodrigo López Pintos | O REI EN BUSCA DE PARELLA | CEIP Álvarez Limeses (Pontevedra) | ||||
| Uxia Maceira Domínguez | O PESADELO DE 300 PALABRAS | CEIP Antonio Palacios (O Porriño) | ||||
| Carlos Martínez Crespo | AS ESTACIÓNS | CEIP Cruz-Budiño (O Porriño) | ||||
| Irene Martínez González | QUE DÍA MAIS RARO! | CEIP Antonio Palacios (O Porriño) | ||||
| Fátima Míguez Lorenzo | AS ILLAS MISTERIOSAS | CEIP Fontes-Baíña (Baiona) | ||||
| Candela Murillo Comesaña | UN DOUS TRES CATRO CINCO E ….. | CEIP Canicouva (Vigo) | ||||
| Sarai Navarro Alonso | AUGA | CEIP Antonio Palacios (O Porriño) | ||||
| Lucía Nicolás Ballesteros | TOC | CEIP O Pombal (Vigo) | ||||
| Laura de la Osa Piñeiro | O RATIÑO NICOLÁS | CEIP San Roque de Corón (Vilanova de Arousa) | ||||
| Martín Otero Tourís | MONÓTONO | CEIP Vilaverde (Pontevedra) | ||||
| M.ª Candelaria Panadero Dios | UNHA GRAN BATALLA | CEIP Torre Illa (Illa de Arousa) | ||||
| Clara Pena Gómez | UN LORO NA CIDADE | CEP Riomaior (Vilaboa) | ||||
| Antía Pérez Fontán | RECÉN NACIDO | CEIP Vilaverde (Pontevedra) | ||||
| Noé Pérez Gaspar | AS COUSAS MUDAN CO TEMPO | CEIP Antonio Palacios (O Porriño) | ||||
| Adrián Piñeiro Argibay | UN INTERESANTE ESPECTÁCULO | CEIP Canicouva (Vigo) | ||||
| Alba Piñeiro Costas | O SEÑOR DO TREN | CEIP da Espiñeira-Aldán (Cangas) | ||||
| Pablo Portas López | O RUBÍ DA PERDICIÓN | CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados) | ||||
| Noemí Quintero Sánchez | O FARO DO TEU AMOR | CEIP Mestre Valverde Mayo (Mos) | ||||
| Cristina Recarey Benito | UN SOÑO | CEIP Vilaverde (Pontevedra) | ||||
| Estefanía del Río González | PEQUENA HISTORIA DUN LAPIS | CEIP Santo André de Xeve (Pontevedra) | ||||
| Jéssica Rodríguez Estévez | O COLEXIO ENCANTADO | CEIP Paraixal (Vigo) | ||||
| Saúl Rodríguez Fernández | AVENTURA NO SERENGUETI | CEIP Paraixal (Vigo) | ||||
| Erika Rodríguez Rodríguez | A MANSIÓN DOS HOLLESTER | CEIP Cruz-Budiño (O Porriño) | ||||
| Jorge Romero González | O CINE | CEIP Vilaverde (Pontevedra) | ||||
| Lois Sanmartín Valiño | O MUNDO ESTÁ ENFADADO | CEIP Froebel (Pontevedra) | ||||
| Paula Sestelo Martínez | UNHA PERSOA INVISIBLE | CEIP Antonio Palacios (O Porriño) | ||||
| Jimena Siaba Crespo | UN SOÑO DE VIOLÍN | CEP Campolongo (Pontevedra) | ||||
| Laura Solla Filgueira | A VELLA CABANA | CEIP Outeiro das Penas (Redondela) | ||||
| Mauro Sotelo Herbello | GABRIEL E A XEMA DO DRAGÓN | CEIP San Roque de Darbo (Cangas) | ||||
| Carlos de la Torre Aboal | EU QUERÍA SER | CEP Sequelo (Marín) | ||||
| Ángela Vilar González | A FESTA DO FUTURO | CEIP Paraixal (Vigo) | ||||
| Alba Villar Crugeiras | O TALISMÁN | CEIP Amor Ruibal (Barro) | ||||
| Julián Villar Sanmarín | O CABALO MAKELELE | CEIP do Foxo (A estrada) | ||||
SECUNDARIA |
||||||
| Alba Abal Baños | A LIBERDADE DUN SORRISO | IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa) | ||||
| Claudia Álvarez Costas | CHAMADAS INTERPLANETARIAS | IES Carlos Casares (Vigo) | ||||
| Mariña Area Falcón | RAIAS NEGRAS E BRANCAS | IES Francisco Asorey (Cambados) | ||||
| María Calvar Giráldez | A ESTACIÓN DOS BICOS | IES de Mos | ||||
| Carmen Carbó Otero | O CAZADOR | IES Santa Irene (Vigo) | ||||
| Olalla Castrillo Sánchez | XIROS DE LUZ | CPI Manuel Padín Truiteiro (Soutomaior) | ||||
| Ainhoa Chapela Fernández | PECHA OS OLLOS E ESPERTA | CPI do Toural (Vilaboa) | ||||
| Brais Costas Fragueiro | UNHA BURRA | IES Primeiro de Marzo (Baiona) | ||||
| Paula Domínguez Barreiro | VINTE MIL FOLLAS E UNHA CARTA DESESPERADA | IES Valle Inclán (Pontevedra) | ||||
| Candela Estévez García | A VENTÁ | IES Castelao (Vigo) | ||||
| Rita García Figueira | CHUVIA | CPI Progreso (Catoira) | ||||
| Iolanda Gil Moreira | A VIAXE DE URRACA | CPI da Cañiza | ||||
| Tais González Álvarez | MÁQUINA DE MATAR DO AVÓ | IES Castelao (Vigo) | ||||
| Sofía Gutiérrez Pereira | A HORA DO DESENGANO | IES Illa e Tambo (Marín) | ||||
| Fátima Ezzahra Ibrahimi Barnossi | A VERDADEIRA REALIDADE | IES Luis Seoane (Pontevedra) | ||||
| Aroa Lorenzo Farto | A NOSA MESTRA É MEIGA | IES de Mos | ||||
| Alejandro Martínez Rey | A NOITE DA REGRESIÓN | IES de Sanxenxo | ||||
| Aixa Montero Ferreiro | ODA AO AMOR | IES Carlos Casares (Vigo) | ||||
| Aloia Moreno Bodega | PESADELO A MEDIANOITE | IES do Castro (Vigo) | ||||
| Irea Obeso Álvarez | INSPIRACIÓN | IES do Castro (Vigo) | ||||
| Lorena Parada Quintáns | AMORES (IM)POSIBLES | IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa) | ||||
| Adrián Perdiz Amoedo | A METAMORFOSE | IES Alexandre Bóveda (Vigo) | ||||
| Andrea Prado Pereira | ADEUS | IES Illa de Tambo (Marín) | ||||
| Eva Salvado Fernández | FEBLE | IES do Castro (Vigo) | ||||
| Ángel Vidal Rodríguez | A VIDA REDUCIDA A CINZAS | IES de Salvaterra do Miño |
Parabéns a todos os finalistas seleccionados para formar parte do libro do V Certame de Relato Curto que publicará a editorial Kalandraka. Cada finalista recibirá un exemplar do libro e un diploma no acto de entrega de premios. Nese acto o xurado designará os cinco mellores de cada categoría e os gañadores:
Día: 30/05/2017
Hora: 19.00 h
Lugar: auditorio do Pazo da Cultura
Grazas aos máis de 800 participantes e a todos os membros da comunidade educativa que contribuíron á difusión do certame.
Unha vez rematado o prazo de recepción de orixinais candidatos, o Xurado informa:
Datos de participación no certame
Total relatos recibidos: 804
Primaria: 495
Secundaria: 143
Bacharelato: 51
Adultos: 94
Excluídos: 21
A FANPA agradece que un ano máis se supere o número de participantes. Non cabe dúbida que o xurado ten moito e moi duro traballo por diante. Porque ademais de cantidade o xurado vai atopando a cada ano maior calidade.
Agora toca esperar.
O xurado, formado por filólogos, escritores e/ou profesores e representantes de Kalandraka Editora, seleccionará os relatos finalistas de entre todos os presentados e designará entre eles catro relatos gañadores, un por cada categoría (primaria, secundaria, bacharelato e adultos) que non se revelarán ata a cita convocada pola organización, a FANPA, para a súa entrega.
A deliberación do xurado darase a coñecer no mes de maio de 2017.
Os relatos gañadores nomearanse no mesmo acto de entrega de premios.
UN RELATO CURTO narra unha historia ficticia nun pequeno espazo de tempo, con poucos personaxes, con descricións breves e escasas divagacións.
Mostra o que ocorre e ensina a historia a través da acción estruturada en tres partes (introdución, nó e desenlace) deixando ao lector que deduza parte dos feitos e que se atope cun final inesperado.
Os principais obxectivos deste certame son: fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, estimular o uso do galego nas familias, facilitar as posibilidades de publicación a novos creadores/as, apoiar os escritores/as noveis e afeccionados/as, crear un espazo común e familiar para a creación literaria.
1º Os relatos deberán ser orixinais, inéditos, non premiados noutros certames, de temática libre e escritos en lingua galega. Cando se promovan dende os colexios e institutos, serán descartados os grupos de relatos de temática semellante.
2º Poderán presentarse todos os alumnos e alumnas dos centros públicos da provincia de Pontevedra de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional. Tamén poderán presentarse as persoas adultas (familiares ou profesorado).
3º Cada autor/a só poderá presentar un relato que terá unha extensión mínima de 200 palabras e máxima de 300. Estará escrito en Times New Roman, de tamaño 12 pt. e interliñado de 1,5 liñas.
4º Os relatos enviaranse en arquivos en formato .doc, .docx ou .odt ao enderezo de correo electrónico certame.relatocurto@nontedurmas.org
5º Enviaranse dous arquivos no mesmo correo:
1. Denominado DATOS (este arquivo é para a organización) no que figurará o relato completo e os seguintes datos do/a participante:
• o pseudónimo utilizado
• o nome e apelidos do autor/a
• o curso do alumno/a
• o centro escolar onde estuda o alumno/a
• o correo electrónico persoal
• o teléfono persoal
• o relato
2. Denominado RELATO (este arquivo é para o xurado) no que figurará:
• o título do relato
• o relato
• o pseudónimo utilizado
• a categoría (primaria, secundaria, bacharelato/formación profesional ou adultos).
6º O prazo de envío dos textos finalizará o 28 de febreiro de 2017.
7º O xurado, formado por filólogos, escritores e/ou profesores e representantes de Kalandraka Editora, seleccionará os relatos finalistas de entre todos os presentados e designará entre eles catro relatos gañadores, un por cada categoría (primaria, secundaria, bacharelato e adultos). A deliberación do xurado darase a coñecer no mes de maio de 2017. Os relatos gañadores nomearanse no acto de entrega de premios.
8º Os premios serán os seguintes:
• Para o gañador/a de cada categoría (primaria, secundaria, bacharelato/formación profesional e adultos): un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka,
un xogo e unha lámina autenticada polo ilustrador Xosé Cobas.
• Para os autores e autoras dos cinco mellores textos de cada categoría: un obradoiro de creación literaria que impartirá no mes de xuño a escola de escritores
da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
• Para todas as persoas gañadoras e finalistas do certame (máximo 120): un libro colectivo cos seus relatos e co relato feito expresamente para o certame por
un escritor profesional Xabier P. Docampo.
• Tanto os relatos gañadores coma os finalistas publicaranse no Diario de Pontevedra.
9º A obra será propiedade da entidade organizadora, polo que os autores e autoras aceptan ceder todos os seus dereitos e a corrección gramatical e léxica para a súa publicación.
10º Os premios poderán quedar desertos se non se alcanza unha calidade mínima, incluída a publicación do libro colectivo. As decisións adoptadas polo xurado serán inapelables en todos os casos.
11º A participación no certame implica a aceptación das bases e a súa interpretación é responsabilidade da organización do certame.
12º Os datos persoais incluídos neste certame só serán coñecidos pola organización do concurso, quen garante o anonimato dos autores e autoras dos relatos durante todo o proceso de selección e deliberación do xurado e serán obxecto de tratamento automatizado no ficheiro da Federación cuxa finalidade é a xestión e control dos premios concedidos polo xurado. Os seus datos persoais non serán comunicados ou cedidos a terceiros. O interesado ou interesada poderá revogar o seu consentimento así como exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no enderezo de correo: certame.relatocurto@nontedurmas.org