Comedor e Plan Madruga
A xestión dos servizos de comedor e Plan Madruga farase a través da APP ColeChef, que Arume pon á nosa disposición coa intención de facilitar as 24h toda a información e a xestión diaria e personalizada (menús, facturación, contratación,…)
Toda a información actualizada sobre contratación e prezos, normas do servizo, horarios, menús mensuales e programación de actividades (en pdf descargable) así como todo tipo de novidades relevantes, atópanse na web da FANPA, na portada (as novas máis recentes) e no apartado Comedores e Madruga do menú.
O servizo de comedor Campolongo divídese en 2 quendas:
na primeira quenda comerán as crianzas da EEI Crespo Rivas e as máis pequenas do CEP Campolongo (1º e 2º de primaria de xeito ordinario), na segunda quenda comerán as demáis crianzas do CEP Campolongo.
Os monitores recollen a todo o alumnado nas áreas acordadas cos centros para guialo, por grupos, ao comedor.
Unha vez que rematen de comer, as crianzas da EEI Crespo Rivas volven ás instalacións do centro para as actividades programadas, do mesmo xeito que as crianzas do CEP Campolongo voltan ao seu centro.
Para a recollida das crianzas:
Hai dúas quendas de recollida: de 15:30 a 15:45 e de 16:10 a 16:30.
Entre estas quendas as portas permanecerán pechadas, prégase ás familias que, salvo urxencia xustificada, se respecten os horarios para o mellor funcionamento do servizo.
Para acceder ao centro para a recollida abrirase a porta do CEP Campolongo correspondente ás pistas de baloncesto, a que está detrás da marquesina dos autobuses da Praza de Galicia, e accederemos á EEI Crespo Rivas a través da porta que comunica os patios.
Contacto de Arume:
Teléfonos: 986 453 040 / 607 634 413
Mail: info@arumeservicios.es