OBRADOIRO DE ARTE & MINDFULNESS

A ANPA BOLBORETA, organiza  o día 6 de novembro, un obradoiro de arte e mindfulness para os seus socios e alumnos de INFANTIL, impartido por Ainara Herrera (Licenciada en Bellas Artes, Técnico Profesional en Pedagogía Montessori, formación en Psicomotricidad e Lateralidad infantil, entre outras), que constará de dúas partes:

En primeiro lugar de 17:30 a 18:15 h, unha charla dirixida a pais/nais/titores previa ao taller que logo tendrán @s nen@s que se anoten:

Que é o Mindfulness, que nos interesa traballar desde a Arte, e como se benefician os nenos de 3 a 6 anos para estimular a súa atención e concentración á vez que fomentamos a interacción de intelixencias múltiples e apoiamos o desenvolvendo integral físico, cognitivo, emocional e social”.

En segundo lugar de 18:30 a 19:15 h, taller para nen@s de 3 a 6 anos:

A través do movemento, a música e o xogo crearemos un espazo vivencia! onde levar a nosa atención para favorecer a confianza, a concentración, a empatía e a xestión de emocións”.

Para inscribirse cubrir o formulario na seguinte ligazón: Inscripción ARTE & MINDFULNESS

O grupo para o taller será de 10 nen@s como máximo, que deberán levar roupa cómoda e calcetíns, xa que se traballará no chan e sen calzado. Levarase a cabo no comedor do centro. Para a charla dos pais e nais, haberá plazas ata completar aforo.

Para@os nen@s haberá un servizo de ludoteca mentras os pais e nais estean na charla (indica se precisas deste servizo ao encher o formulario).

Para máis información consultar podedes contactar con nos en Facebook ou WhatsApp (618831170).

EXCURSIÓN A SILLEDA En Ruta coa Depo.

Unha vez mais, nos espera a excursión En Ruta Coa Depo 2018. Este ano temos a oportunidade de visitar Silleda o 17 de novembro. Coñeceremos o Castro de Toiriz, o Mosteiro de San Lorenzo de Carboeiro, Fervenza da Toxa, escenarios da serie “O final do camiño”, e comeremos en algun restaurante da zona.

O prezo será de 12 euros por persoa para os adultos e gratuíto para os/as alumnos/as.

Haberá dous puntos de saída, un no CEIP de CABANAS e outro na estación de tren de Pontevedra.

Os interesados deberán encher o formulario de inscrición, desde a seguinte ligazóns

Inscripción Excursión Silleda

Para os menores de idade que non vaian acompañados polos seus pais/nais/titores legais, deberase encher un xustificante de asistencia que pódese descargar na seguinte ligazón: Autorizaciones Menores e envialo xunto cunha imaxe do DNI do menor, ao correo da ANPA.

O prazo para inscribirse finaliza o 03 de novembro 2018.

O mínimo de persoas é de 50 e o máximo de 54.

O pago realizarase por transferencia ou ingreso na conta da ANPA:

ES 89 00496781 102116068771 entre o día 03 e o 07 de novembro, indicando no concepto: “nome completo do alumno/a en RUTA COA DEPO 18”.

Para máis información consultar no, correo electrónico, Facebook ou WhatsApp (618831170).

OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE ESTUDO

Despois da boa acollida do ano pasado, este ano tamén organizamos para os socios da ANPA BOLBORETA un taller sobre “Hábitos e Técnicas de  Estudo”, impartido por Patricia Fuentes (Psicóloga social, con ampla experiencia en realizar talleres en centros educativos).

Esta actividade, que vai dirixida sobre todo o alumnado de quinto e sexto de primaria, desenvolverase en cinco sesións, os martes 16,23 e 30 de outubro e os mércores 17 e 24 de outubro, na aula multiusos do colexio de 17:15 a 19:15 h.

O número máximo de alumnos por taller será de 15. No caso de haber máis interesados, faranse dous grupos e os talleres poderán completarse con alumnado de cuarto de primaria.

Para solicitar praza, cubrir a solicitude mediante formulario de Google Drive, que vos deixamos na ligazón de abaixo:

Inscripción TÉCNICAS DE ESTUDO

Esperamos a vosa participación!!