SILLEDA-EN RUTA COA DEPO

O sábado 17 de novembro, disfrutamos da visita á comarca do Deza. Tivemos un día soleado, propicio para pasear e gozar da excursión.

Saímos do cole de Cabanas ás 9:00 da mañá directos a Bandeira a coñecer a Fervenza da Toxa. O paseo ata a Fervenza foi agradable, coas cores do outono.

Despois do paseo de volta, collimos o autobús e leváronnos ao mosteiro de Carboeiro. Hai uns anos estaba bastante arruinado cos teitumes caídos e aspecto de abandono, con boa parte da súa estrutura invadida pola vexetación.
Afortunadamente, as tarefas de restauración, iniciadas a partir dos anos setenta do século XX, han reacondicionando o edificio ata o punto de recobrar boa parte da súa orixinal estampa, sendo un auténtico pracer visitalo na actualidade.

Despois de camiñar esperábanos a comida en Lalín. Recuperamos forzas co caldo galego e a tenreira asada tan terna que comemos e aproveitamos para coñecer o centro de Lalín e o seu famoso concello xa que O Centro de Interpretación do Castrodeza atópase no mesmo edificio. Unha visita que os nenos gozaron moito

Por último esperábanos a visita ao Pazo de Liñares. É unha edificación solariega de estilo barroco do século XVII que alberga o Museo Galego da Marioneta. O recinto expositivo conta cunha mostra permanente en continuo crecemento e cunha biblioteca especializada na temática das marionetas.
O inmoble está declarado como Ben de Interese Cultural (BIC). Como curiosidade, no seu interior atópase a pila na que foi bautizado Joaquín Loriga, un dos heroes da aviación nacido en Lalín. No exterior, os antigos edificios do alpendre e forno albergan actualmente o laboratorio arqueolóxico da Deputación de Pontevedra.

Só quédanos darvos as grazas a todos por particpar na excursión. Dar as grazas a nosa guía Montserrat Carro polo seu traballo en ensinarnos e ecplicarnos todo. A Eduardo o condutor do autobús e tamén a Ana de Castrodeza.
O próximo ano máis e mellor!