Latest Blog Posts

LUDOTECAS E OBRADOIROS DE NADAL 2022

7 Decembro, 2022 / yolanda / Ludotecas e conciliación

FANPA Nadal 2022

Como vén sendo habitual, o programa de Nadal da FANPA ofrece dúas facetas, as ludotecas do “Concilianadal” para rapaces de 3 a 12 anos e os “Obradoiros” para os de entre 6 e 14.

As ludotecas de Concilianadal acollen a nenas e nenos nas instalacións dos centros educativos de Primaria de Campolongo e Manuel Vidal Portela, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

O prazo de inscrición tanto para ludotecas do período como para os obradoiros diarios é do 12 ao 16 de decembro. Para as ludotecas, exclusivamente mediante o envío da ficha cuberta por correo electrónico a ludotecas@nontedurmas.org mentres que a inscrición nos obradoiros de cociña en Nadal e velas artesanais recolleranse presencialmente na oficina da FANPA, na nosa sede da rúa Xan Guillerme, 9.

PRAZAS:
Como as prazas son limitadas, a adxudicación será pola modalidade á que os/as solicitantes pertenzan no caso das ludotecas e por orde de inscrición nos obradoiros. De non se cubrir o mínimo de prazas necesario para a realización dalgunha actividade ou ludoteca, a FANPA poderá eliminala e devolverá o seu importe íntegro na oficina da FANPA.

Folleto fanpanadal-2022-23

[pdf-embedder url=”http://blogs.nontedurmas.org/anpacresporivas/wp-content/uploads/sites/11/2022/12/fanpanadal-2022-23.pdf”]

 

PROGRAMA DOS OBRADOIROS: Programa_obradoiros_nadal_2022_2

[pdf-embedder url=”http://blogs.nontedurmas.org/anpacresporivas/wp-content/uploads/sites/11/2022/12/Programa_obradoiros_nadal_2022_2.pdf”]

 

A inscrición presupón a aceptación das normas do servizo.

FICHAS DE INSCRIPCIÓN

LUDONADAL > Ficha de inscrición en ludoteca (enviara a ludotecas@nontedurmas.org)

[pdf-embedder url=”http://blogs.nontedurmas.org/anpacresporivas/wp-content/uploads/sites/11/2022/12/Ficha_inscricion_concilianadal_2022.pdf”]

 

OBRADOIROS > Ficha de inscrición en obradoiros (entregar presencialmete na oficina)

[pdf-embedder url=”http://blogs.nontedurmas.org/anpacresporivas/wp-content/uploads/sites/11/2022/12/ficha-obradoiros-fanpanadal-2022-23.pdf” title=”ficha obradoiros fanpanadal 2022-23″]

https://www.nontedurmas.org/actividades/fanpa-nadal-2022/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies