Lecer en familia CONTA COMIGO 2023

 

O día 6 comeza a inscrición no programa de lecer en familia Conta Comigo da FANPA

É un programa de lecer e tempo libre dirixido ás familias do concello de Pontevedra. O obxectivo é favorecer a participación familiar, compartir xuntos experiencias e diversión. Os menores deben ir acompañados por un adulto.

PREZOS POR FAMILIA E ACTIVIDADE (ata 5 membros, as 8 sesións):

– Socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA: 20€

– Non socios/as de ANPA federada na FANPA: 30€

– Privados, concertados e demais casos: 50€

O pago será en efectivo no momento da inscrición. A inscrición e o pago faranse no local da FANPA (rúa Xan Guillermo, núm. 9), en horario de 9:00 a 14:00 horas. Non se contempla a devolución da contía, salvo por causa xustificada (enfermidade) e acreditada documentalmente.

PRAZOS DE INSCRICIÓN:

– Do 6 ao 10 de febreiro: para os socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA.

– Do 13 ao 15 de febreiro: para o resto.

DOCUMENTACIÓN:

– Ficha totalmente cuberta.  DESCARGA FICHA DE INSCRICIÓN

– Documento que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA (en caso de non traelo aplicarase o prazo e prezo de non socios/as).

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: Como as prazas son limitadas, a adxudicación será por orde de inscrición. De non se cubrir o mínimo de prazas necesario para a realización dalgunha actividade, devolverase o importe íntegro na oficina da FANPA e eliminarase a actividade

AGOTADAS AS PRAZAS PARA CERÁMICA, COCIÑA e GOLF INICIACIÓN

Contidos cerámica en familia

Traballarase construíndo imaxes bidimensionais como azulexos, tellas e relevos (baixorrelevos e altorrelevos), partindo dunha placa base xa sexa cadrada ou rectangular.

BUSCA DO VOLUME: Intentaremos xerar volumes utilizando parte das técnicas anteriores e outras técnicas como: figuras de vulto redondo e modelado (con ou sen armazón).

DECORACIÓN DAS PEZAS ELABORADAS:

– Gravar ou estampar obxectos na masa: cordas, paos, follas ou outros elementos
– Facer incisións e estarcidos con cravos, paos, garfos…
– Alisado cos dedos mollados en auga, con esponxas…
– Crear texturas con cepillos, pinceis, estropallos, teas, cartóns, papeis enrugados, cordas…
– Engobes e outras decoracións con pinturas: acrílicos, témperas, esmaltes,..

Receitas á espera de cociñeiros

Receitas

 

https://www.nontedurmas.org/actividades/lecer-en-familia-conta-comigo-2023/

 

About the author: yolanda

Leave a Reply

Your email address will not be published.Email address is required.