LUDOVERÁN

CONCILIAVERÁN  2023

É un programa de conciliación familiar que se desenvolve en época estival, organizado pola Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra (FANPA), en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN

Conciliaverán especial xuño: do 26 ao 30 de xuño de 2023 (só Campolongo)
– Conciliaverán especial setembro: do 4 ao 8 de setembro de 2023 (só Campolongo)
– Conciliaverán quincenais: xullo e agosto de 2023, divididos en 4 quendas quincenais. Realizaranse en Marcos da Portela, Crespo Rivas (só en xullo e infantil), Campolongo, Vilaverde, Álvarez Limeses (só en xullo), Manuel Vidal Portela (inglés) e Xunqueira II (só en xullo e primaria, deportiva). 
– Conciliaverán mensuais: xullo e agosto de 2023, divididos en 2 quendas mensuais. Realizaranse en Cabanas, Ponte Sampaio, A Carballeira (só xullo), Marcón (só xullo) e Parada-Campañó

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Dende as 9:00 horas do 22 de maio ata ás 14:00 horas do 26 de maio tanto por vía telemática á dirección ludotecas@nontedurmas.org ou de xeito presencial no local da FANPA (Xan Guillerme, 9 – Pontevedra)

Non se admitirán solicitudes por correo electrónico nin fóra dese tramo horario.

PREZOS CONCILIAVERÁN (por neno/a e quenda):
– Socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA:

    • conciliaverán especial xuño e setembro e conciliaverán quincenal: 40€/quenda
    • conciliaverán mensual: 65€/mes

– Non socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA:

    • conciliaverán especial xuño e setembro e conciliaverán quincenal: 60€/quenda
    • conciliaverán mensual: 75€/mes

– As familias con 2 ou máis fillos/as matriculados nos conciliaveráns terán un desconto de 5€ por neno/a.

IMPORTANTE

* A matrícula conleva a ACEPTACIÓN DO COÑECEMENTO INFORMADO dispoñible na páxina web www.nontedurmas.org/consentimiento e na sede da FANPA.
* O PAGO DO CONCILIAVERÁN farase no mesmo momento da inscrición. As persoas que non fagan o pago telematicamente (a través da pasarela de pago) deberán presentar a copia do xustificante de pago no momento da inscrición. Deberán facer o ingreso no núm. de conta de ABANCA: ES75 2080 5403 4130 4012 0558, poñendo como concepto “Nome e apelidos do neno/a” e “conciliaverán e quenda/s na/s que está inscrito/a”.

Pincha para acceder ao enlace información completa e ao enlace ficha de inscrición  

ludoverán1-2
ludoverán2-2

About the author: yolanda

Leave a Reply

Your email address will not be published.Email address is required.