Latest Blog Posts

COMEDOR E MADRUGA PARA O CURSO 2024-25 EN PONTEVEDRA

3 Agosto, 2023 / yolanda / Comedor e Madruga

 

A empresa Arume será un ano máis a encargada de prestar o servicio nos comedores dos centros educativos de Infantil e Primaria de Pontevedra. O prezo dos menús escolares  actualizouse á alza quedando como se indica a continuación:

A partir do 2 de agosto xa estará activa a App ColeChef para a contratación dos servizos de madruga e comedor. O prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de setembro para usuarios e usuarias habituais. Despois desa data terían que ser contratación de esporádicos para o mes de setembro.

Do mesmo xeito que este curso, todo se xestionará a través da App ColeChef. Achegamos a carta informativa para que se poidan dar de alta ou renovar os servizos de madruga e comedor para o próximo curso 2024-25. Na carta atoparán todos os pasos que as familias deben seguir para poder darse de alta nos servizos que actualmente temos no centro escolar. Asemade adxuntamos os pasos concretos a seguir para as familias que pertencen tanto á EEI Crespo Rivas como o novo alumnado para o CEP Campolongo.

MOI IMPORTANTE. No caso de alerxias e/o intolerancias deberán comunicalo e enviar o informe médico ao correo electrónicoinfo@arumeservicios.es , tal e como se indica na carta informativa.

Debe lembrarse que a contratación do servizo implica necesariamente a aceptación das NORMAS DO SERVIZO 

Carta Informativa 

[pdf-embedder url=”http://blogs.nontedurmas.org/anpacresporivas/wp-content/uploads/sites/11/2023/08/Carta-ColeChef-GAL-FANPA-24-25-.pdf”]

DETALLE DOS SERVIZOS PRESTADOS E PREZOS
– Servizo comedor escolar 5,68€/menú
– Servizo de comedor escolar esporádico 7,49€/menú
– Servizo con almorzo 3,51€/menú
– Servizo de almorzo esporádico 4,73€/menú
– Servizo sen almorzo 2,64€/día
– Servizo sen almorzo esporádico 3,98€/día

**O prezo do servizo de comedor está bonificado.**
** Manteranse os descontos nas mesmas condicións que as actuais(non acumulables).**
Segundo irmán (ambos usuarios):5% dto. en serv. Comedor fixo do mais novo
Familia numerosa (3 usuarios):10% dto. en serv. Comedor fixo de todos os irmáns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies