Site Overlay

2024 Primaria

Ángela Fernández Mejías  do CEIP Plurilingüe As Solanas, A Guarda

GAÑADORA na categoría de PRIMARIA

AS CORES DO ARCO DA VELLA

Ola! Eu son Ángela, unha nena de doce anos. Encántame falar, bailar,
o lettering e ler. A miña nai é andaluza e o meu pai é galego, e xunto coa
miña irmá formamos un equipo perfecto.
No colexio teño un montón de amigos. A Antón (o meu mellor amigo)
cústalle un pouco facer amigos, aínda que é tranquilo e bo e en realidade
todo o mundo o quere, pero el prefire afastarse do ruído. Cando penso
nel, penso na cor azul. Clara, outra das miñas compañeiras, é unha rapaza
moi inqueda: non para de moverse, colle as miñas cousas sen permiso…,
pero, a pesar de todo, é moi divertida. Cando penso nela, penso na cor laranxa.
Hakim ten seis irmáns; chegou hai pouquiño ao noso país e, como
é un fedello, non quero imaxinar unha tarde chuviosa na súa casa. Cando
penso nel, penso na cor amarela. Alina tamén tivo que deixar o seu país
para vivir aquí, cos seus tíos, nun país sen guerras; ten un bonito pelo
rubio e sempre sorrí. Cando penso nela, penso na cor verde.
Polas noites, cando estou na miña cama e penso en todos os momentos
tan diferentes que vivín cos meus compañeiros de clase, de actividades
extraescolares, os amigos do parque…, penso que podería completar un
fermoso arco da vella con todas as cores que representan aos meus amigos.
Ás veces ata imaxino que poderiamos escorregar xuntos por el ou
comelo a cachiños coma se fose un grande algodón de azucre.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies