Call Us:+34-986.858.605
Instaappointment Image

Participa!

Home  /  Participa!

Entre 200 e 300 palabras para un relato gañador

 

Ti podes ser un dos 120 finalistas e publicar o teu relato nun libro publicado expresamente para este certame xunto co relato elaborado por un escritor profesional, nesta ocasión Antonio García Teijeiro.

O xurado de especialistas fará unha primeira escolma dos mellores 120 relatos, que serán incluídos no libro e, logo, a partir de maio, fará unha segunda escolma de 20 relatos finalistas, de entre os que sairá o gañador de cada categoría.

 

Categorías e premios para os gañadores de cada categoría:

  • Primaria: un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada polo ilustrador do cartel desta edición.
  • Secundaria: un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada polo ilustrador destea edición.
  • Bacharelato e Formación Profesional: un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada polo ilustrador desta edición.
  • Adultos: un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada polo ilustrador desta edición.

 

Ademais, tanto os relatos gañadores coma todos os finalistas publicaranse tamén no Diario de Pontevedra durante as vacacións de verán.

 

A FANPA agradece a xenerosa contribución dos seguintes patrocinadores: