• 986858605
  • certame.relatocurto@nontedurmas.org
  • r/Xan Guillerme, 9 - Pontevedra

Gala de entrega de premios

O vindeiro día 3 de xuño terá lugar a gala na que se desvelarán os gañadores dos premios de cada categoría. O acto terá lugar a partir das 17:00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra. Están convocados os autores dos 120 relatos seleccionados polo xurado desta edición así como representantes da FANPA, Concello de Pontevedra, Kalandraka, Asociación de Escritores […]

Relatos seleccionados da XII Edición do Certame de Relato Curto

Tras a reunión do xurado, que tivo lugar este mes, temos xa a lista dos 120 relatos seleccionados que formarán parte da publicación como libro de compilación dos participantes nesta XII edición. Os autores dos relatos seleccionados quedan convocados á Gala de entrega de Premios onde se revelarán os gañadores para recibir o noso recoñecemento público. De entre esta lista […]

Grazas pola vosa participación

Tal como está tiñamos previsto no calendario desta edición, a finais deste mes de abril, publicaremos a lista dos 120 relatos seleccionados polo xurado que formarán parte da edición do libro desta edición. Os gañadores de cadansúa categoría, que saen de entre ese cento de relatos seleccionados só se coñecerán o día da gala de entrega de premios. Aproveitamos o […]

En marcha a XII Edición do CRC

O ano 2026 será a XII do Certame de Relato Curto da FANPA. Nunhas semanas comezarán a chegar aos centros educativos os exemplares da pasada edición A comisión comunica o calendario previsto O prazo para recollida dos relatos da XI edición do CRC será a partir do 8 de xaneiro de 2026 O día 31 de marzo rematará o prazo […]

Bases da XII Edición

UN RELATO CURTO narra unha historia ficticia nun pequeno espazo de tempo, con poucos personaxes, con descricións breves e escasas divagacións. Mostra o que ocorre e ensina a historia a través dunha acción estruturada, deixando que o lector deduza parte dos feitos e que se atope cun final inesperado. Os principais obxectivos deste certame son: fomentar a creatividade no alumnado, […]

Formulario de participación na XII Edición

Recepción de orixinais desde o 8 de xaneiro ao 31 de marzo. (Participación aberta) Para os participantes individuais é obrigatorio facelo a través do seguinte formulario. https://forms.gle/WL3dswCg9VjezTeW8 Para os envíos colectivos, por exemplo desde unha escola, é recomendable facelo directamente ao enderezo de correo certame.relatocurto@nontedurmas.org . Nestes envíos colectivos, cada relato será un anexo, e debe traer tamén 2 páxinas […]

Obradoiro de creación literaria

O último acto desta edición é a celebración do obradoiro de creación literaria que terá lugar o vindeiro xoves día 5, ás 17:00 horas no local da sede da FANPA (r/Xan Guillerme, 9) Os 20 autores que acadaron o lugar de finalista destacado e os premiados de cadansúa categoría quedan convocados ao obradoiro que conducirá Miriam Ferradáns (por parte de […]

Gala de entrega de Premios do XI Certame de Relato Curto da FANPA

Chegou o día !! Para a madriña desta edición, Paula Carballeira, o ilustrador homenaxeado,Federico Fernández, autores/as seleccionados e os seus acompañantes, os membros do xurado patrocinadores e colaboradores así como demais membros da organización da XI Edición do Certame de Relatos Curto da FANPA que están convocados á revelación de premios e entrega de agasallos na gala que terá lugar […]

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies