Bases da XI Edición

UN RELATO CURTO narra unha historia ficticia
nun pequeno espazo de tempo, con poucos personaxes,
con descricións breves e escasas divagacións.
Mostra o que ocorre e ensina a historia a través
dunha acción estruturada, deixando que o lector
deduza parte dos feitos e que se atope
cun final inesperado.

BASES XI CERTAME DE RELATO CURTO
CON PUBLICACIÓN

Os principais obxectivos deste certame son: fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, estimular o uso do galego nas familias,
facilitar as posibilidades de publicación a novos creadores/as, apoiar os escritores/as noveis e afeccionados/as, crear un espazo común e familiar para a creación literaria.

1.º Os relatos deberán ser orixinais, inéditos, non premiados noutros certames, de temática libre e escritos en lingua galega. Cando se promovan dende os colexios e institutos, serán descartados os grupos de relatos de temática semellante.

2.º Poderán presentarse todos os alumnos e alumnas dos centros públicos da provincia de Pontevedra de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. Tamén poderán presentarse as persoas adultas (familiares, profesorado e alumnado universitario dos campus de Pontevedra e Vigo).

3.º Cada autor/a só poderá presentar un relato que terá unha extensión mínima de 200 palabras e máxima de 300.

4.º O relato presentarase en ficheiros de formato de texto editable (.doc, .docx, .odt ou PDF híbrido) en http://certame.nontedurmas.org/ onde se remitirán mediante o formulario en liña dispoñible. Só no caso de grupos escolares, poderase enviar o conxunto de relatos como anexo ao enderezo de correo electrónico: certame.relatocurto@nontedurmas.org

5.º Enviarase un único ficheiro para cada participación, constando da ficheiro de dúas páxinas, co seguinte formato:

a. O nome do ficheiro será o título do relato
b. A primeira páxina conterá:
● O título do relato
● O relato
● O pseudónimo utilizado
● A categoría que corresponda ao autor/a (primaria, secundaria, bacharelato/formación profesional ou adultos).
c. A segunda páxina conterá:
• O título do relato e o pseudónimo co que se presenta
• O nome e apelidos reais do autor
• O curso actual, no caso dos alumnos.
• O centro escolar co que está relacionado, para todos os participantes
• Correo electrónico vinculado co participante (propio ou do representante)
• Teléfono de contacto

6.º O prazo de envío dos relatos orixinais comezará o 8 de xaneiro e finalizará o 31 de marzo de 2025.

7.º A selección do xurado, formado por filólogos, escritores e/ou profesores e representantes de Kalandraka Editora, terá dúas fases. Na primeira fase seleccionará os
120 mellores relatos de entre todos os presentados e que formarán parte do libro. Esta selección de 120 finalistas darase a coñecer no mes de abril de 2025. Nunha segunda fase o xurado destacará 20 dos relatos finalistas e escollerá de entre eles o gañador de cada categoría (Primaria, Secundaria, Bacharelato/FP e adultos). O resultado desta escolla só se dará a coñecer na gala de entrega de premios, que terá lugar no mes de maio.

8.º Os premios serán os seguintes:

• Para o gañador/a de cada categoría (Primaria, Secundaria, Bacharelato/Formación profesional e adultos): un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada polo ilustrador homenaxeado nesta convocatoria, Federico Fernández.
• Para os 20 autores finalistas destacados: un obradoiro de creación literaria que impartirá no mes de xuño a escola de escritores da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
• Para os 120 autores finalistas: un libro colectivo cos seus relatos e co relato feito expresamente para o certame pola escritora homenaxeada, nesta edición é Paula Carballeira.
• Tanto os relatos gañadores coma todos os finalistas publicaranse tamén no Diario de Pontevedra durante as vacacións de verán.
9.º A obra será propiedade da entidade organizadora, polo que os autores e autoras aceptan ceder todos os seus dereitos e a corrección gramatical e léxica para a súa publicación.

10.º Os premios poderán quedar desertos se non se alcanza unha calidade mínima, incluída a publicación do libro colectivo. As decisións adoptadas polo xurado serán
inapelables en todos os casos.

11.º A participación no certame implica a aceptación das bases e a súa interpretación é responsabilidade da organización do certame.

12.º Os datos persoais incluídos neste certame só serán coñecidos pola organización do concurso, quen garante o anonimato dos autores e autoras dos relatos durante todo o proceso de selección e deliberación do xurado, e serán obxecto de tratamento automatizado no ficheiro da Federación, cuxa finalidade é a xestión e control dos premios concedidos polo xurado. Os seus datos persoais non serán comunicados ou cedidos a terceiros.

O interesado ou interesada poderá revogar o seu consentimento así como exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no enderezo de correo:
certame.relatocurto@nontedurmas.org

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies