VII Certame

A participación na VII Edición acada máis de 1100 relatos presentados

Onte rematou o prazo de presentación de relatos candidatos á VII Edición do Certame de Relato Curto da FANPA.

Para esta edición recibimos preto de 1300 relatos, concretamente 1296,  superando en máis de 200 e un ano máis o número de participantes.

Non podemos estar máis agradecidos pola vosa acollida. Agora é o tempo do xurado que afronta unha montaña de traballo para decidir os premiados.

Os nomes dos autores finalistas daranse a coñecer no vindeiro mes de maio.

En nome dos organizadores e patrocinadores,

Grazas!